Sin el arte, la vida sería un error. Friederich Nietzsche

domingo, 21 de abril de 2013

POESÍA SOBRE ÁFRICA

O noso proxecto sobre África, na aula "A Pementeira" (5 anos), permitiunos aprender moitísimas cousas sobre a arte, a música, as tradicións, as diferentes etnias, os monumentos, a fauna... deste continente cheo de contrastes, de beleza e de historia.
Para morivar un pouquiño aos meus alumnos/as escribín unha poesía que recolle algunhas das cousas que fomos descubrindo e, por suposto, disfrutando ao longo destes meses de traballo.
Os nenos e nenas escribiron de maneira autónoma o texto da poesía (cada neno/a escribía un ou dous versos que eu lle dictaba cada vez, sen axuda pola miña parte, por iso poderedes ver que hai "faltas de ortografía")  mentres outros ían facendo debuxos. Finalmente fomos organizando todo o material para darlle forma ao noso  libriño.
E logo xa, montei as páxinas nun vídeo con música de Miriam Makeba para compartilo con vós. A miña idea é grabar as voces dos nenos/as recitando a poesía e facer un novo vídeo. Veremos se teño tempo...

miércoles, 17 de abril de 2013

Música Africana

Como todos sabedes, en África a música é moi importante. De feito está sempre presente en calqueira momento da vida cotiá: o traballo no campo, o coidado dos nenos, a actividade na escola, as diferentes celebracións...
Na aula "A Pementeira" tivemos a oportunidade de coñecer varios instrumentos africanos pero non mediante fotos ou vídeos, non, é que tivemos auténticos instrumentos africanos na clase, no noso recuncho africano.
Todos os "pementeiros" e pementeiras" poideron observalos para ver de que materiais están feitos, tocalos e escoitalos, claro.
No seguinte glog podedes ver todo o que aprendemos e disfrutamos traballando este animado tema da música africana. 




Como vedes o glog é unha ferramenta estupenda para facer presentacións moi dinámicas, variadas e completas. Se vos gusta este glog e queredes facer algún outro podedes consultar un tutorial moi clariño que atoparedes no seguinte enlace.

CREA O TEU GLOG

domingo, 14 de abril de 2013

CAMALEÓN

Dentro do noso proyecto de traballo sobre África na aula "A Pementeira", achegámonos ao fascinante mundo da súa fauna. Coñecemos animais que non temos a oportunidade de ver na nosa contorna e que nos chaman poderosamente a atención.
Un destes animais é o camaleón. Das 161 especies que existen, a maioría viven en África, ao sul do Sáhara. Unha das cousas que máis nos gusta do camaleón é que pode cambiar de cor según as circunstancias, e isto fai que se camufle moi ben no lugar no que está e que sexa difícil distinguilo entre as cousas que o rodean.
¿Queredes ver como cambia de cor? ¡Mirade!

E agora ¿queredes ver algo divertido?. Pois aquí vos deixo un vídeo no que un camaleón moi ben educado está lavando as mans... ¡ao mellor é que vai comer! Clica na palabra camaleón e disfruta...