O noso proxecto sobre África, na aula "A Pementeira" (5 anos), permitiunos aprender moitísimas cousas sobre a arte, a música, as tradicións, as diferentes etnias, os monumentos, a fauna... deste continente cheo de contrastes, de beleza e de historia.
Para morivar un pouquiño aos meus alumnos/as escribín unha poesía que recolle algunhas das cousas que fomos descubrindo e, por suposto, disfrutando ao longo destes meses de traballo.
Os nenos e nenas escribiron de maneira autónoma o texto da poesía (cada neno/a escribía un ou dous versos que eu lle dictaba cada vez, sen axuda pola miña parte, por iso poderedes ver que hai "faltas de ortografía") mentres outros ían facendo debuxos. Finalmente fomos organizando todo o material para darlle forma ao noso libriño.
E logo xa, montei as páxinas nun vídeo con música de Miriam Makeba para compartilo con vós. A miña idea é grabar as voces dos nenos/as recitando a poesía e facer un novo vídeo. Veremos se teño tempo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario